Ten como finalidade proporcionar ferramentas teóricas e metodolóxicas para comprender a diversidade cultural e analizar criticamente os principais desafíos globais contemporáneos. Preténdese que o estudantado desenvolva unha visión ampla e contextualizada de fenómenos como as desigualdades, as migracións, os conflitos, o desenvolvemento, a sustentabilidade ou os procesos de globalización, fomentando a capacidade de análise intercultural, o pensamento crítico e o respecto pola diversidade social e cultural nun contexto internacional.