Guia docente 2023_24
Facultade de Relacións Internacionais
Grao en Relacións Internacionais
 Materias
  Antropoloxía dos problemas globais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Proba de avaliación de competencias adquiridas que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta. 40 B2
C8
D3
Presentación O alumnado presentará os resultados dos traballos realizados tanto se son realizados de forma individual ou grupal. 20 A2
A3
Estudo de casos Realizaranse a partir de lecturas, debates e outras actividades que conducirán de forma individual ou grupal a un estudio de caso. 40 A2
A3
B2
C8
D3
D5
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na primeira e segunda convocatoria a nota final será o resultado da suma das metodoloxías descritas para a avaliación sempre que se aprobe o exame e o estudio de caso. Se non se aproba exame e estudio de caso non se sumarán as cualificacións de cada avaliación e suspenderase a materia. Igualmente aínda aprobando exame e estudio de caso será necesaria unha nota mínima de 5 para aprobar a materia.

A avaliación continua require asistencia ás aulas expositivas e prácticas de forma suficiente de acordo co Regulamento da Universidade de Vigo.

O alumnado non presencial terá o mesmo tipo de metodoloxías de avaliación e deberá solicitar a avaliación global antes do 29 de febreiro a través da plataforma Moovi da materia.

=======================================================================

A plataforma de aula virtual conta con ferramentas para detectar posibles comportamentos anómalos e deshonestos, así como para detectar posibles plaxios en traballos escritos. No caso de detección de plaxio nalgunha proba/traballo/test/exame/actividade a cualificación final da materia será Suspenso (0) e o feito será comunicado ao Decanato do Centro para que adopte as medidas oportunas.

Ao comezo do curso indicarase, a través de Moovi, as características do traballo, exercicios, probas, así como a bibliografía completa. 

Esta guía docente anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co estudante na materia e concíbese de forma flexible. En consecuencia, pode requirir reaxustes ao longo do curso académico promovidos pola dinámica da clase e do grupo de destinatarios real ou pola relevancia das situacións que puidesen xurdir. Así mesmo, achegarase aos estudantes a información e pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo. Moovi será a plataforma utilizada para a difusión desta información.

Ante calquera contradición que se puidera dar entre as distintas versións da guía, por mor dalgún erro na tradución, a versión que prevalecerá é esta versión na lingua galega.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da Facultade.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000