Guia docente 2024_25
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Historia: Historia do dereito
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Probas nas que se presentan situacións ou problemáticas xa dadas ou que poden darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións da situación etc.

Resultados de aprendizaxe: O obxectivo desta materia é lograr que o alumno/a obteña un coñecemento da Historia do Dereito español e das institucións politico-administrativas desde a antigüidade ata o Dereito actual.

Avaliación: De todas as práctica realizadas só serán avaliadas tres prácticas de forma aleatoria.
20 C25
D1
D3
D4
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. O alumnado debe desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que posúe sobre o contido da materia. A resposta debe ser extensa. A proba realizaráse ao final do cuadrimestre, na data aprobada pola Xunta de Facultade do Centro. Para aprobar, é necesario obter nesta proba, a nota mínima dun 2 sobre 4. Unha resposta en branco ou calificada con 0 puntos, impedirá a superación desta proba. Unha vez obtida, poderanse acumular a ela, as restantes cualificacións das demais metodoloxías.
No caso de non obter a nota mínima de 2 para aprobar, non se poderá acumular a cualificación obtida na avaliación continua, e a cualificación final será a do examen.
É obrigatorio a asistencia efectiva ao 75% das clases teóricas. Realizándose controis aleatorios de asistencia.

Resultados de aprendizaxe: O obxectivo desta materia é lograr que o alumno/a obteña un coñecemento da Historia do Dereito español l e das institucións politico-administrativas desde a antigüidade ata o Dereito actual.
40 B2
C24
Traballo Nesta proba solicitaráse a realización dun traballo en equipo, e a súa exposición pública, dun tema concreto asignado polo profesor/a (así como a previa entrega do mesmo por escrito). Avaliaráse o contido e a exposición oral ante o profesor/a e o resto dos compañeiros.
Os/as alumnos/as que non realicen a exposición pública serán cualificados con 0 puntos.

Resultados de aprendizaxe: O obxectivo desta materia é lograr que o alumno/a obteña un coñecemento da Historia do Dereito español e das institucións político-administrativas desde a antigüidade ata o Dereito actual.
10 C25
D3
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha proba que avalíe o coñecemento que inclúa preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta
(verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades de resposta.
Esta proba non é liberatoria da materia.
30 B2
C24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN FINAL: será o
resultado de sumar a nota obtida no exame de preguntas de desenvolvemento
(segundo os requisitos anteriores) ás demais probas (casos, traballos e exame
de preguntas obxectivas). 

 As cualificacións obtidas
no estudo de casos/análises de situacións, nos traballos manteranse soamente
nas probas da avaliación das convocatorias de maio-xuño/xullo do curso
académico. A nota da proba test só terá vixencia
na 1ª oportunidade.

 No caso de non superar a
materia na primeira oportunidade, o alumnado deberá presentarse en segunda
oportunidade a un exame de preguntas de desenvolvemento de toda a materia, que
terá unha valoración do 70%, e hase de obter un mínimo de 3,5 sobre 7. Neste
caso poderá ser acumulada a avaliación continua, se a houbese. Se non a houbese,
aplicarase o sistema descrito para a avalación non continua

 AVALIACIÓN NON CONTINUA: Os
alumnos/as que por motivos persoais ou profesionais non sigan a avaliación
continua deberán renunciar expresamente no prazo de 10 días despois de transcurrido un mes desde o
inicio do segundo cuadrimestre, mediante correo electrónico dirixido ao
profesor. Neste caso, perderán as cualificacións obtidas ata ese momento nas
probas realizadas. Con todo, terán dereito ás seguintes opcións:

 - Nas probas de avaliación de maio-xuño/xullo,
poderán realizar xunto co exame de resposta extensa (70% da nota) no que se
esixe a obtención dunha nota mínima de 3,5 sobre 7, e ademáis un estudo de casos,
(20%) no que se esixe a obtención mínima de 1 punto sobre 2. Así poderán optar
ao 90% da cualificación total.

 - O 10% restante da
cualificación final obterase a través dunha proba oral de 15 minutos de
duración sobre a materia correspondente aos traballos solicitados polo
profesor ao longo do cuadrimestre. Na que haberá que obter como mínimo un 0,5
sobre 1. Esta opción realizarase a continuación do exame
final. 

Deste xeito, poderán conseguir o
100% da cualificación final. 

Para superar a materia é
necesario obter una calificación final igual ou maior que 5 sobre 10.

Fin de carreira.  Os alumnos que elixan a convocatoria de
fin de carreira serán avaliados polo sistema de cualificación anterior, e aínda
que non se lles conserva a nota de avaliación continua, por ser unha
convocatoria de seguintes anos académicos, terán a oportunidade de poder
realizar xunto ao exame final, as opcións antes mencionadas para obter o 100%
da cualificación. 

 As datas, horarios e lugar
de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os
sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Facultade para o curso 2024-2025 e documentación concordante, á que se dará
publicidade mediante a súa publicación na páxina web do Centro, e no cronograma
que se facilitará a través da plataforma informática.

Erasmus O alumnado Erasmus alleo que curse esta materia será avaliado
mediante unha proba de preguntas obxectivas (tipo test que supoñerá o 40% da
cualificación final, sempre que se obteña unha nota mínima de 2 sobre 4), unha
proba de preguntas de desenvolvemento (30%), as prácticas (20%), e o traballo
(10%). 

 Así mesmo, o alumnado con
necesidades especiais poderá ter unha avaliación específica, de conformidade co
disposto na normativa e Protocolo de Discapacidade da Uvigo. 

 Comportamento responsable e ético. Durante a realización das probas
de avaliación o alumnado ten a obrigación de desenvolver un comportamento
xurídico e éticamente correcto, tal como dispón o artigo 65 b) do Decreto
13/2019, do 24 de xaneiro, no que foron aprobados os Estatutos da Universidade
de Vigo. E cumprir co establecido no artigo 47.2 f) da Resolución do 7 de maio
de 2021 pola que se aproba o Regulamento de estudantes desta Universidade. E os
arts. 39 e seguintes do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a
calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (Aprobado no
claustro do 18 de abril de 2023, modificado no claustro de 22/12/2023). 































 As
titorías
poden
ser consultadas ou solicitadas na seguinte ligazón
https://matricula.uvigo.es/Docentes/Tutorias_Novos/T

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000