A materia Fundamentos da Contabilidade e Finanzas introduce ao alumno de Dereito no ámbito financeiro da empresa, incorporándoo non só no coñecemento da normativa propia da contabilidade asociada ao Dereito mercantil, tanto no ámbito nacional como europeo ou internacional, senón tamén na posibilidade de saber, dende outra perspectiva máis técnica ou económica, como elaborar e interpretar a información financeira publicada polas empresas.
Aspectos que serán de grande utilidade para o futuro profesional do Dereito cando se atope con cuestións concernentes á avaliación das empresas mediante as contas contables.