- Para a 1ª edición das actas (xuño) haberá dúas formas alternativas de avaliación:
Opción A: O estudante pode acollerse ao sistema de AVALIACIÓN CONTINUA que se acaba de expoñer, e que estará integrado por dúas probas de resolución de exercicios e dúas probas de preguntas obxectivas. Cada unha destas catro probas terá a mesma ponderación (25%) na cualificación final. Ó principio do cuatrimestre no que se imparte a materia, anunciarase un cronograma onde aparecerán as datas das distintas probas de avaliación continua. As competencias e resultados de formación e aprendizaxe avaliados son os que aparecen no cadro anterior.
Unha vez superado o prazo dun mes, desde o comezo do cuadrimestre no que se imparte a materia, habilitarase un prazo de 10 días hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, formalmente, a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua.
Os alumnos que se acollan ao sistema de avaliación continua terán a obriga de colocar unha fotografía tipo carné en Moovi antes da primeira proba de avaliación e de acceder regularmente á plataforma de teledocencia para estar así ao corrente das novedades que se produzan.
Opción B: O estudante que NON se acolla o sistema de avaliación continua será avaliado mediante a realización dun examen
final na data oficialmente establecida coas seguintes ponderacións: proba de preguntas obxectivas (50%) e proba de resolución de exercicios (50%).
Para a opción B da edición de xuño, tanto as competencias avaliadas coma os resultados de formación e aprendizaxe serán os mesmos que para a opción A da edición de xuño.
- Para a 2ª edición das actas (xullo) haberá tamén dúas formas de avaliación:
Opción A: Os estudantes que se acolleran ao sistema de avaliación continua poderán conservar as notas dos dous tipos de
probas realizadas. Poderán subir nota nas seguintes partes: Proba de preguntas obxectivas (50%) e Proba de resolución de
exercicios (50%).
Opción B: Os alumnos que NON se acolleran ao sistema de avaliación continua terán dereito a un exame final que abarcará
unha proba tipo test (50%) e unha proba de resolución de exercicios (50%).
Para a edición de xullo, tanto as competencias avaliadas coma os resultados de formación e aprendizaxe serán os mesmos que para a edición de xuño.
- Para a convocatoria Fin de Carreira:
O alumno que opte por examinarse en Fin de Carreira será avaliado únicamente cun exame teórico-práctico que valerá o 100% da nota.
Para os alumnos de Fin de Carreira, tanto as competencias avaliadas coma os resultados de formación e aprendizaxe serán os mesmos que para a edición de xuño.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes edicións son as especificadas no calendario de probas de
avaliación aprobado pola Xunta de Facultade de Dereito para o presente curso e documentación concordante.
As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e ao estudantado matriculado.
De ser necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no mesmo soporte telemático
É necesario traer o DNI ou documento análogo cando teña lugar a realización dos exames. O incumprimento deste requisito pode ter como consecuencia que o alumno non realice o exame en cuestión.