Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
C11 |
CE13 - Coñecer os principios de funcionamento que rexen nunha economía de mercado, comprender o comportamento dos distintos axentes económicos e coñecer os principais problemas económicos |
C12 |
CE14 - Ser capaz de utilizar os principios e conceptos económicos como ferramenta para argumentar economicamente, identificar os problemas económicos e abordar a súa solución a través das políticas adecuadas a cada situación |
D1 |
Capacidade de análise e síntese para a elaboración e defensa de argumentos, así como, organización, planificación e utilización do tempo ante situacións de presión. |
D3 |
Capacidade para a toma de decisións de forma autónoma e independente de liderado e capacidade para o traballo cooperativo en equipo, como habilidades nas relacións interpersoais que favorezan a eficacia interpersoal. |