Proporcionar ás/ós xuristas ferramentas e coñecementos apropiados para saber resolver, na práctica profesional, os problemas relacionados co uso das novas tecnoloxías. As competencias básicas adquiridas seranlles de gran utilidade ás/ós alumnas/os, tanto para os seus estudos universitarios, como para o seu futuro exercicio profesional.