A materia pretende dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para a protección dos bens inmobles , partindo da propia evolución do concepto de Patrimonio nas distintas disposicións que o regularon, a súa necesidade de catalogación e a extensión da protección á contorna ou marco espacial dos monumentos. Por outra banda, tamén se aborda o estudo dos conxuntos históricos, os instrumentos de plan para a protección da cidade histórica e a súa posta en valor.