Traballo tutelado |
Elaboración dun proxecto expositivo de temática libre.
Avaliaranse os seguintes resultados de aprendizaxe: a adquisición da capacidade de deseñar exposicións de contido patrimonial, atendento ao punto de vista conceptual da creación de mensaxes e ao punto de vista material dos espazos. Valorarase tamén a adecuación aos criterios de planificación museística explicados nas sesións teóricas.
|
40 |
A4
|
B1
|
C8 C14
|
D1 D6
|
Segundo
o establecido no “Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a
calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade
de Vigo”, do 2023, existen dous sistemas de avaliación que o alumnado
poderá elixir: o preferente, que se aplicará por defecto, de “avaliación
continua” (probas e actividades diversificadas que teñen lugar ao longo do
cuadrimestre), e o denominado de “avaliación global” (exames e/ou
entrega de traballos/exercicios a realizar nas datas oficiais de avaliación
establecidas no calendario académico), que deberá ser expresamente solicitado
polo alumnado interesado, e comunicado ao profesorado responsable no prazo
máximo de 31 días desde o início do cuadrimestre. As
probas de “avaliación global” desta materia consistirán no seguinte: Estudo de casos (40%) e Traballo tutelado (60%). O
alumnado ten dúas convocatorias/oportunidades de avaliación. A primeira lévase
a cabo durante o cuadrimestre de docencia. A segunda (ou de 2ª oportunidade)
realizaráse no mes de xullo, para o cal habilitarase de novo o acceso á
plataforma docente. |