Esta materia ten como obxectivo capacitar ao alumno para a xestión de grandes cantidades de datos documentais en diversos formatos, para que cooperen no labor común de xestión do patrimonio cultural. O seu papel básico é dotar ao alumno dos coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para o deseño de bases de datos así como para a xestión e redacción de metadatos.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.