Código |
Descrición |
A3 |
Que os alumnos sexan capaces de integrar o coñecemento e afrontar a complexidade de facer xuízos a partir dunha información que, incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos. |
B1 |
Adquirir a capacidade para diferenciar e valorar as diversas expresions do Patrimonio cultural, coñecer as ferramentas para a sua cuantificación e protección, así como as diferentes perspectivas que abordan a sua xestión. |
C2 |
Adquirir a capacidade de deseñar protocolos de intervención, establecendo tipos, prioridades e intensidades de acción ante un bens culturais en risco de alteración. |
C3 |
Adquirir a capacidade de redactar proxectos de intervención no Patrimonio Cultural de acordo coa lexislación específica reguladora. |
D5 |
Ser capaz de predecir e controlar a evolución das situacións complexas a través do desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico / investigativo, tecnolóxico ou profesional específico, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolve a súa actividade. |
D9 |
Coñecer e xestionar a lexislación aplicable ao sector, coñecer a contorna social e empresarial e saber relacionarse coa administración competente integrando este coñecemento no desenvolvemento de proxectos de enxeñería e no desenvolvemento de calquera aspecto do seu traballo profesional. |