Traballo |
O alumnado realiza e presenta un traballo que consiste en pequenos textos e comentarios críticos en resposta aos exercicios prácticos (glosario, foros específicos) plantexados polo profesorado.
O resultado de aprendizaxe avaliado é: Coñecer o concepto de patrimonio cultural, a súa evolución e as súas distintas categorías |
40 |
A5
|
B1
|
C8
|
D4 D6
|
Segundo
o establecido no “Regulamento sobre a
avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de
aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo”, do 2023, existen dous
sistemas de avaliación que o alumnado poderá elixir: o preferente, que se
aplicará por defecto, de “avaliación
continua” (probas e actividades diversificadas que teñen lugar ao longo do
cuadrimestre), e o denominado de “avaliación
global” (exames e/ou entrega de traballos/exercicios a realizar nas datas
oficiais de avaliación establecidas no calendario académico), que deberá ser
expresamente solicitado polo alumnado interesado, e comunicado ao profesorado
responsable no prazo máximo de 31 días desde o início do cuadrimestre. As
probas de “avaliación global” desta materia
consistirán no seguinte: exame tipo test (50%) + entrega de exercicios (glosario, foros específicos) (50%) O
alumnado ten dúas convocatorias/oportunidades de avaliación. A primeira lévase
a cabo durante o cuadrimestre de docencia. A segunda (ou de 2ª oportunidade)
realizaráse no mes de xullo, para o cal habilitarase de novo o acceso á
plataforma docente. |