- Todo o alumnado, asista ou non ás aulas, ten dereito a ser avaliado (mediante un examen ou no modo no que se indique).
- De non ter superada a materia na 1ª convocatoria (maio-xuño), as competencias non adquiridas serán avaliadas na 2ª convocatoria (xuño-xullo).
- As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico.
AVALIACIÓN CONTINUA - ALUMNADO ASISTENTE (1ª CONVOCATORIA): - Tódolos estudantes deberán entregar os traballos indicados
- Se un estudante non realiza algunha de as entregas , asignaráselles unha cualificación de 0 puntos nelas.
AVALIACIÓN CONTINUA - ALUMNADO ASISTENTE (2ª CONVOCATORIA): De non superar a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na segunda convocatoria. Conservarase a nota da avaliación continua para a segunda convocatoria e non se admitirán traballos nin exposicións fóra dos prazos establecidos. AVALIACIÓN GLOBAL - ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado non asistente deberá facer as mesmas entregas ca o alumnado asistente. A porcentaxe relativa á asistencia/participación/carácter proactivo na aula, poderase obter cunha defensa dos traballos ante o docente da materia. As datas oficiais dos exames pódense consultar na páxina web da Facultade (http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames). En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender as necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) |