Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Ourense): Ciencias Experimentais. Matemáticas e Tecnoloxía
 Materias
  Investigación e Innovación na Educación Secundaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Valorarase neste ámbito:
- a asistencia ás sesións,
- a participación nas sesións,
- o caracter proactivo do alumnado.
20 C24
C27
Traballo tutelado Traballo relativo á investigación educativa no que se planeará unha investigación e se analizarán os datos obtidos. 40 C24
C27
Traballo tutelado Traballo relativo á innovación educativa. 40 C24
C27
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • Todo o alumnado, asista ou non ás aulas, ten dereito  a ser avaliado (mediante un examen ou no modo no que se indique).
  • De non ter superada a materia na 1ª convocatoria (maio-xuño), as competencias non adquiridas serán avaliadas na 2ª convocatoria (xuño-xullo).
  • As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico.

AVALIACIÓN CONTINUA - ALUMNADO ASISTENTE (1ª CONVOCATORIA):

  • Tódolos  estudantes deberán entregar os traballos indicados
  • Se un estudante non realiza algunha de as entregas , asignaráselles unha cualificación de 0 puntos nelas.

AVALIACIÓN CONTINUA - ALUMNADO ASISTENTE (2ª CONVOCATORIA):

De non superar a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na segunda convocatoria. Conservarase a nota da avaliación continua para a segunda convocatoria e non se admitirán traballos nin exposicións fóra dos prazos establecidos.

AVALIACIÓN GLOBAL - ALUMNADO NON ASISTENTE:

O alumnado non asistente deberá facer as mesmas entregas ca o alumnado asistente. A porcentaxe relativa á asistencia/participación/carácter proactivo na aula, poderase obter cunha defensa dos traballos ante o docente da materia. 

As datas oficiais dos exames pódense consultar na páxina web da Facultade (http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames).

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender as necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000