Código |
Descrición |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado. |
B1 |
Comprender os procesos que se desenvolven en diversas escalas espazo-temporais e en diversos contextos socio-culturais |
B5 |
Valorar as necesidades e problemas da sociedade e as aportacións (en termos de contribución efectiva) xeradas dende os ámbitos xeográfico-históricos, tendo en conta a necesaria igualdade social e entre sexos, a discapacidade e a educación para a paz |
C17 |
Capacidade de ler textos historiográficos e documentos orixinais na propia lingua así como de transcribir, resumir e catalogar información de forma pertinente |
C18 |
Coñecemento e habilidade para usar os instrumentos de recompilación de información tales como catálogos bibliográficos, inventarios de arquivo e referencias electrónicas |
D3 |
Capacidade de organización e planificación |
D5 |
Capacidade de xestión da información e o coñecemento |
D9 |
Traballo en equipo en diversos contextos |
D16 |
Coñecemento doutras culturas |