Materia do programa English Friendly. Os/as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
Coñecemento dos principais acontecementos e dos procesos de cambio e permanencia que tiveron lugar ao longo da Historia Antiga Roma e a Península Ibérica seguindo unha perspectiva diacrónica. Trátase de incentivar a actitude crítica dos alumnos mediante a análise actualizada da realidade de Roma e da Península Ibérica na Antigüidade.