Resolución de problemas e/ou exercicios |
Proba na que o alumnado deberá resolver e explicar exercicios sobre datación documental.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso das fontes e interpretacións historiográficas. |
25 |
A4
|
B3 B6
|
C17 C18
|
D1 D2 D5 D7 D11 D14
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Proba na que o alumnado deberá datar, rexestar e transcribir un documento manuscrito.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Participación en seminarios, previa realización de lecturas, sobre un tema concreto. |
40 |
A5
|
B6
|
C17 C23
|
D2 D5 D9 D14
|
O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade
necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as probas que o
profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos
seguintes recursos: Curso virtual en MooVi e correo
electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula e o seminario de
informática da facultade. Docencia non presencial: Campus Remoto (enlace en
Moovi). Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir
a materia a través do Curso Virtual Moovi (UVigo), que permitirá o acceso aos materiais precisos para a
adquisición das competencias e a consecución dos resultados da aprendizaxe,
tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. A
utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi
deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera
proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas como propias"
(DLE-RAE).
Para
todo o alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes e as
actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou
remota) que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da
participación de cada estudante a través das TIC farase a partir das
ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso,
realización de probas ou exercicios en liña, etc.).
Todo
o alumnado matriculado na materia ten dereito a dispor como alternativa de probas de avaliación global (artigo
64.g dos Estatutos da Universidade de Vigo). Aqueles estudantes que non se
acollan á avaliación continua, serán avaliados dos contidos do programa da
materia mediante unha proba na que deberán datar, rexestar e transcribir un
documento manuscrito (50% da nota final) e outra na que terán que resolver e
explicar exercicios sobre datación
documental e transcrición de abreviaturas sobre fontes manuscritas (50% da nota
final). |