Lección maxistral |
Exposicións introdutorias nas que se familiarizará o alumnado coas principais fontes de información, a súa valoración crítica, os recursos de recompilación existentes e a utilización dos sistemas de citas e referencias bibliográficas. |
Resolución de problemas |
Sesións na aula de informática nas que se traballará a procura, selección, recuperación e estilos de citas bibliográficas das fontes de información necesarias para o traballo de curso. |
Resolución de problemas de forma autónoma |
Traballo autónomo do alumnado consistente na realización de cuestionarios e exercicios sobre os contidos da materia a través de Moovi. |