O traballo tutelado elaborado será presentado en clase ante o profesor e os compañeiros.
Valorarase a organización dos contidos e o dominio do tema exposto. Teránse en conta as respostas ás preguntas formuladas polo profesor e os compañeiros. Valoraráse tamén a participación como oínte, segundo os comentarios e preguntas realizadas nas exposicións dos compañeiros.
Traballo tutelado
Realizarase un traballo sobre un tema relacionado cos contidos da materia. O alumnado contará co asesoramento do profesorado para resolver calquera dúbida relacionada co mesmo.
Lección maxistral
Exposición na aula dos fundamentos básicos da materia.
O alumnado poderá consultar co profesorado todas as dúbidas que teña sobre calquera parte da materia, xa sexa en horario de titorías ou a través de internet (a través do correo electrónico ou a través da plataforma Moovi).