=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que activarase no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.
*****
Habida conta do carácter semipresencial deste Mestrado, únicamente será preciso establecer medidas excepcionais para aquelas accións que de forma habitual requiren pesencialidade.
A continuación descríbense brevemente as medidas a adoptar:
No caso de docencia 100% non presencial manteranse todas as metodoloxías adaptándoas ás aulas virtuales dispoñibles no Campus Remoto da Universidade de Vigo. O traballo no aula representa unha porcentaxe pequena das horas totais de dedicación do estudante e fundamentalmente están dirixidas a orientarlle no acceso aos contidos teóricos necesarios para desenvolver a materia, na forma de resolver os supostos prácticos que se susciten, e na elaboración e presentación do traballo tutelado.
* Metodoloxías docentes que se modifican.
Tendo en conta o exposto anteriormente, ningunha das metodoloxías propostas requiren de modificación de importancia
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (tutorías)
As tutorías levaranse a cabo no despacho virtual do profesor, pedindo cita previa a través do correo electrónico do profesor. En caso de dificultades dalgún alumno para conectar co Campus remoto, recorrerase ao correo electrónico ou teléfono
* Modificacións (se procede) dos contidos a impartir:
Non proceden cambios
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe:
A bibliografía da materia está xa concibida considerando que a materia xa contempla en gran medida a auto-aprendizaxe, polo que non precisa de ampliacións.
=== ADAPTACIÓN DA EVALUCIÓN ===
Realizaranse nas condicións nas que se levan a cabo nas condicións normais de semipresencialidad.
As probas de avaliación consistentes na exposición e defensa dos casos prácticos e o traballo tutelado realizaranse a través do Campus Remoto da Universidade.
|