Estudo de casos |
Análise de problemas e casos reais orientados a coñecer as función dos principais componentes químicos dos alimentos e das transformacions químicas e bioquímicas que sofren durante as transformacions tecnolóxicas e o almacenamento e que afectan a calidade nutricional e sensorial dos alimentos.
Esta actividade plantexarase na aula; o/a profesor/a exporá o caso e dará as indicacións pertinentes para abordar o seu estudo. Os estudantes completarán a tarefa de forma individual ou en grupos de 2 persoas fora da aula. A actividade finalizará cunha posta en común a modo de exposición e debate das conclusións acadadas polos alumnos.
Esta metodoloxía permitirá traballar distintas competencias transversais como a capacidade de análise e síntese, a procura selectiva de información, a resolución de problemas, a redación de textos científicos e a súa exposición oral en público, o espírito crítico ou o traballo en equipo entre outras.
|
Traballo tutelado |
Os estudantes, en grupos de 1-2 persoas, elexirán (por interés persoal ou entre un listado proporcionado por o/a profesor/a) un proxecto de mellora ou solución a problemas en productos alimentarios debidas as condicions de procesamento, problemas con ingredientes, abuso de almacenamiento, mellora da calidade nutricional, etc, coa finalidade de situalos/as no contexto da realidade industrial no eido alimentario.
O traballo pode requerir búsqueda de bibliografía, xeración de hipóteses, diseño de proyecto de investigación, análisis de datos, etc. Ao longo do periodo de impartición da materia os alumnos/as realizarán o traballo de forma autónoma e co apoio de titorías.
Con esta actividade preténdense desenrolar as competencias específicas da materia e fomentar en especial a capacidade de análise crítica para identificar necesidades ou oportunidades de mellora da calidade nutricional e funcional dos alimentos así como a capacidade para plantexar novos procesos baseados na aplicación ou desenvolvemento do coñecemento científico-tecnolóxico.
|
Presentación |
Na última sesión presencial os estudantes presentarán e defenderán o seu traballo en clase a través dunha exposición de 10 min e turno posterior de debate. |