Convocatoria
ordinaria (1ª edición)
A nota final será a suma ponderada das
cualificacións obtidas nas distintas probas. Convocatoria
de Julio (2ª Edición): a avaliación será con
idénticos criterios que os considerados na convocatoria ordinaria (1ª
Edición). Na convocatoria de xullo, o estudante poderá engadir as
evidencias do traballo que non puidese achegar antes da data da primeira
convocatoria. O estudante deberá demostrar a autoría do as tarefas
entregables ante o profesor que corresponda. As actividades
auto-avaliadas e exposicións non poderán ser realizadas fóra do bimestre
de docencia. Os estudantes que declaren actividades profesionais
coincidentes co horario presencial deberán acreditar a súa situación, na
que conste o seu horario laboral e lugar de traballo. Unha vez
acreditada, os responsables da materia facilitarán un procedemento de
avaliación axitado ao caso para que poidan acadar o 100% da
cualificación. AVALIACIÓN CONTINUA:
A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación
Continua. A avaliación continua baséase na avaliación ponderada, según se
indica, de todas as actividades propostas ao longo da materia. AVALIACIÓN GLOBAL Aquel alumno que desexe a Avaliación Global (o 100% da
cualificación no exame oficial) debe comunicarllo ao responsable de materia,
por email ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes
desde o comezo da docencia da materia. Neste caso o exame terá unha maior
duración que o exame correspondente á avaliación continua, e incluirá preguntas
de tódalas probas de avaliación da materia. Convocatoria fin de
carreira: O alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado
unicamente co mesmo tipo de exame que na avaliación global (que valerá o 100%
da nota). Datas de exámes Fin de carreira: 16 setembro 2024 ás 16 horas 1ª Edición: 21 xaneiro 2025 ás 16 horas 2ª Edición: 01 xullo 2025 ás 16 horas En
caso de erros na transcrición de datas de exames, as datas válidas son as
aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do
Centro |