1. A avaliación é continua (modalidade de avaliación preferente), aínda que o alumnado poderá dispoñer como alternativa, de probas de avaliación global. Aqueles alumnos que desexen realizar a avaliación global (100% da nota do exame oficial) deberán comunicalo ao responsable da materia, por correo electrónico ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o inicio da impartición da docencia da materia. 2. Alumnos con responsabilidades laborais: considerarase por defecto que os alumnos seguen a materia nunha modalidade normal cando teñen dispoñibilidade horaria para asistir ás actividades docentes. En caso contrario, os alumnos deberán indicar a súa situación nas 2 primeiras semanas de clase á profesora responsable da materia. Neste caso, os alumnos deberán aducir motivos razoables e probados (normalmente de índole laboral) para tal elección, e indicaráselles, en función de cada caso, como deben cursar e examinarse das diferentes metodoloxías. 3. É necesario aprobar o exame de toda a materia (obter un mínimo de 5 puntos sobre 10). De non superarse esta cualificación mínima, a cualificación da materia será a do exame coa correspondente ponderación. 4. No caso de alumnos que non asistan ás metodoloxías de "seminarios" (Entrega dos exercicios expostos para a súa resolución) terán a posibilidade alternativa de realizar un exame adicional, na mesma data que o exame xeral, que incluirá cuestións ou problemas relacionados cos aspectos da materia tratados nos exercicios antes mencionados. 5. En xullo o alumno poderá optar por examinarse das partes do exame ou das metodoloxías que non superara na convocatoria de Xuño, ou ben daquelas que desexe superar a súa anterior cualificación obtida na convocatoria de Xuño. Asignaráselle a maior das cualificacións obtidas para cada metodoloxía nas dúas convocatorias. 6. Aqueles alumnos que tendo feito menos do 30% da metodoloxías "seminarios" (Resolución e entrega dos exercicios propostos), "traballos tutelados" e "Presentacións/exposicións" e non se presenten aos exames, a cualificación que obterán será a de "non presentado". Nos demais casos aplicarase a cualificación obtida seguindo as ponderacións e requisitos expostos. 7. A comunicación cos alumnos realizarase preferentemente a través de Moovi. 8. Aqueles alumnos que se presenten á convocatoria "Fin de Carrera", a súa cualificación corresponderá que obtida no exame, que incluirá aspectos relativos a conceptos abordados nas clases expositivas, problemas e/o exercicios resoltos en clase, e exercicios ou temas propostos para realización fora de aula e posterior entrega. 9. Datas oficiais previstas para a realización dos exames: 23 de xaneiro de 2025 ás 16:00 e 3 de xullo de 2025 ás 10:00. A data para a realización do exame "Fin de Carrera" será o 18 de setembro de 2024 ás 10:00. Ante posibles modificacións, consultar as datas no taboleiro de anuncios e na web do Centro. |