Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Instalacións industriais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Realización dun exame no que se incluirán aspectos de toda a materia, tanto teóricos como de carácter práctico. Con esta metodoloxía avaliaránse todos os resultados da aprendizaxe. 40 B3
C18
C19
C38
C40
C41
C42
D2
D5
Seminario Resolución autónoma, tanto en aula como fora de aula,
dos exercicios e estudos de casos prantexados. O alumno pode ter apoio/orientación nas horas de titoria
ou a través da plataforma de teledocencia de Universidade de Vigo.
Con esta metodoloxía evaluaránse todos os resultados da aprendizaxe
30 A4
B3
C38
C40
C61
D4
D5
Traballo tutelado Valorarase a elaboración do documento, tendo en conta as fontes de información empregadas, a información presentada, a súa organización e correcta redación. Con esta metodoloxía avaliaránse todos os resultados da aprendizaxe. 15 A4
B3
C18
C19
C33
D2
D4
Presentación Como emisor: Valorarase a organización e síntese do material presentado, a claridade na exposición e a resposta ás preguntas realizadas. Como receptor: Valorarase a participación no turno de preguntas despois da exposición dos compañeiros, considerando os comentarios/cuestións realizadas. Con esta metodoloxía avaliaránse todos os resultados da aprendizaxe. 15 A4
B2
B3
C18
C19
C33
C38
C61
D2
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. A avaliación é continua (modalidade de avaliación preferente), aínda que o alumnado poderá dispoñer como alternativa, de probas de avaliación global. Aqueles alumnos que desexen realizar a avaliación global (100% da nota do exame oficial) deberán comunicalo ao responsable da materia, por correo electrónico ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o inicio da impartición da docencia da materia.

2. Alumnos con responsabilidades laborais: considerarase por defecto que os alumnos seguen a materia nunha modalidade normal cando teñen dispoñibilidade horaria para asistir ás actividades docentes. En caso contrario, os alumnos deberán indicar a súa situación nas 2 primeiras semanas de clase á profesora responsable da materia. Neste caso, os alumnos deberán aducir motivos razoables e probados (normalmente de índole laboral) para tal elección, e indicaráselles, en función de cada caso, como deben cursar e examinarse das diferentes metodoloxías.

3. É necesario aprobar o exame de toda a materia (obter un mínimo de 5 puntos sobre 10). De non superarse esta cualificación mínima, a cualificación da materia será a do exame coa correspondente ponderación.

4. No caso de alumnos que non asistan ás metodoloxías de "seminarios" (Entrega dos exercicios expostos para a súa resolución) terán a posibilidade alternativa de realizar un exame adicional, na mesma data que o exame xeral, que incluirá cuestións ou problemas relacionados cos aspectos da materia tratados nos exercicios antes mencionados.

5. En xullo o alumno poderá optar por examinarse das partes do exame ou das metodoloxías que non superara na convocatoria de Xuño, ou ben daquelas que desexe superar a súa anterior cualificación obtida na convocatoria de Xuño. Asignaráselle a maior das cualificacións obtidas para cada metodoloxía nas dúas convocatorias.

6. Aqueles alumnos que tendo feito menos do 30% da metodoloxías "seminarios" (Resolución e entrega dos exercicios propostos), "traballos tutelados" e "Presentacións/exposicións" e non se presenten aos exames, a cualificación que obterán será a de "non presentado". Nos demais casos aplicarase a cualificación obtida seguindo as ponderacións e requisitos expostos.

7. A comunicación cos alumnos realizarase preferentemente a través de Moovi.

8. Aqueles alumnos que se presenten á convocatoria "Fin de Carrera", a súa cualificación corresponderá que obtida no exame, que incluirá aspectos relativos a conceptos abordados nas clases expositivas, problemas e/o exercicios resoltos en clase, e exercicios ou temas propostos para realización fora de aula e posterior entrega.

9. Datas oficiais previstas para a realización dos exames: 23 de xaneiro de 2025 ás 16:00 e 3 de xullo de 2025 ás 10:00. A data para a realización do exame "Fin de Carrera" será o 18 de setembro de 2024 ás 10:00.  Ante posibles modificacións, consultar as datas no taboleiro de anuncios e na web do Centro.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000