Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Electrotecnia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Valorarase positivamente a realización das prácticas e a resolución dun cuestionario referido á montaxe, resultados obtidos e interpretación dos mesmos.
A realización de cada práctica e presentación do informe de prácticas valorarase entre 0 e 10 puntos.
Para iso é imprescindible asistir á práctica o día e hora fixados ao comezo do curso. Non haberá recuperación de prácticas.
A avaliación do conxunto de prácticas é a media aritmética das puntuacións obtidas, está comprendida entre 0 e 10.
A non asistencia ás prácticas, conlevará a nota de cero puntos na mesma, independentemente que o alumno entregue o correspondente informe.
Unha vez realizada cada práctica fixarase o seu prazo de presentación.
Será imprescindible obter 5 puntos sobre 10 na primeira práctica sobre Normas de Seguridade en Laboratorio, para poder realizar o resto de prácticas en laboratorio.
As prácticas previstas son as seguintes:
Práctica 1: Normas de Seguridade en laboratorio.
Práctica 2: Corrente Continua.
Práctica 3: Corrente Alterna.
Práctica 4: Máquinas Eléctricas.
Resultados de aprendizaxe esperados: RA1-RA2-RA3
20 A3
A4
B1
B2
C17
D2
D3
D4
D5
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Primeiro exame avaliación continua: correspondente aos contidos de teoría de circuítos (Parte I).
Valorarase de 0 a 10 puntos.
Resultados de aprendizaxe esperados: RA1-RA2-RA3
35 A3
A4
B1
C17
D2
D4
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Segundo exame avaliación continua: o día do exame final, correspondente aos contidos de máquinas e instalacións eléctricas (Parte II).
Valorarase de 0 a 10 puntos.
Resultados de aprendizaxe esperados: RA1-RA2-RA3
35 A3
A4
B1
C17
D2
D4
D5
Traballo O/a estudiante deberá realizar un traballo ao longo do curso sobre "Instalacións Eléctricas".
Resultados de aprendizaxe esperados: RA1-RA2-RA3
10 A3
B1
C17
D2
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas de exames son as aprobadas pola Xunta de Facultade (en caso de
erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas
oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro):

  • Fin
    de Grado: 26 de setembro de 2024 ás 10:00



  • edición: 28 de marzo de 2025 ás 10:00



  • edición: 11 de xullo de 2025 ás 10:00

A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua.
Aquel/a estudante que desexe a Avaliación Global (o 100% da
calificación no examen oficial) debe comunicarllo ao responsable da materia,
por email ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes
desde o comenzo da docencia da materia.

Avaliación continua:

A nota final da avaliación continua obtense pola media ponderada dos ítem
anteriores:

Nota = 0,10 x Resolución problemas de forma autónoma + 0,20 x Prácticas +
0,35 x Exame Parte I + 0,35 x Exame Parte II

De acadarse nalgunha das Partes I ou II de Exame unha nota inferior a 3
puntos sobre 10, aínda que a nota final sexa igual ou superior a 5,0 puntos, a
nota máxima obtida será de 4,5 puntos.

Aqueles/as estudantes que non obtiveran unha calificación igual ou superior
a 5 puntos sobre 10 no Exame da Parte I, poderán solicitar un exame adicional a
continuación do exame final da primeira oportunidade. A puntuación final
será obtenida neste exame
adicional.

No exame de segunda oportunidade, o/a estudante manterá a
nota do Traballo e Prácticas, e realizará un Exame da Parte I e/ou II das que
non se obtivera unha calificación igual ou maior de 5 puntos sobre 10, ou en
caso de querer subir nota nas mesmas. A puntuación corresponderá coa obtida en
segunda oportunidade.

Avaliación global primeira oportunidade, segunda
oportunidade e Fin de Carreira:

Aqueles/as estudantes que soliciten a avaliación global para a primeira e
segunda oportunidade, ou se examinen de Fin de Carreira, realizarán un exame
dividido en tres partes:

  • Exame
    Parte I problemas correspondentes a teoría de circuítos, cun peso do 35 %


  • Exame
    Parte II problemas correspondentes a máquinas e instalacións eléctricas, cun
    peso do 35 %


  • Exame
    sobre cuestións teórico-prácticas da materia, cun peso do 30 %.

De acadarse nalgunha das Partes I e II do exame global de primeira e
segunda oportunidade unha nota inferior a 3 puntos sobre 10, aínda que a nota
final sexa igual ou superior a 5,0 puntos, a nota máxima obtida será de 4,5
puntos.

Conservarase para a segunda oportunidade, aquela parte ou partes da
avaliación global da primeira oportunidade superadas, nas que obtiveron unha
calificación igual ou maior de 5 puntos sobre 10. Por tanto, o/a estudante
poderá:

  • Presentarse
    ao resto de partes do exame. Neste caso conservarase a nota da parte ou partes
    superadas.


  • Facer
    o exame completo, de querer subir nota nas partes xa superadas anteriormente.
    Neste caso, a puntuación corresponderase coa obtida en cada unha das partes do
    exame de segunda oportunidade.

Cada nova matrícula na materia supón unha posta a cero
de todas as calificaciones obtidas en cursos anteriores. Con todo, aqueles/as
estudantes que realizasen todas as prácticas de laboratorio do curso académico
inmediatamente anterior, e obtivesen unha nota de 5 puntos sobre 10 de media
nas mesmas, poderán solicitar o seu recoñecemento no prazo que se estableza ao
comezo da docencia.

Agárdase que os/as estudantes presenten un comportamento ético
adecuado
. En caso de detectar un comportamento ético non axeitado
(copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e
outros) considerarase que o/a estudante non reúne os requisitos necesarios para
superar a materia. Neste caso, a califcación global en dita edición será de
SUSPENSO (0.0).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000