Desenrolarase o temario da asignatura mediante a explicación teórica de cada apartado co apoio dos medios de visualización da aula (proxector, ordenador e encerado)
Traballo tutelado
Proporase aos alumnos, divididos en grupos de 3 persoas, unha tematica para a elaboración dun traballo en grupo, e as referencias tecnicas que deben analizar e sintetizar. O grupo presentará o traballo na aula.
Seminario
Cada tema acompañarase dun boletin de problemas relacionados, de complexidade crecente, aplicando os conceptos explicados nas clases maxistrais. Resolveranse nas clases de seminarios.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000