Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Cálculo de estruturas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Valorarase a implicación do alumno na resolución de exercicios propostos. RA1 40
Traballo tutelado Evaluación do documento final consistente no desenvolvemento dun proxecto seguindo todos os apartados que debe cubrir. RA1 20
Lección maxistral Farase un exame teórico e practico dos contidos da materia. RA1 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación é continua
(modalidade de avaliación preferente) aínda que o alumnado poderá dispoñer como
alternativa, de probas de avaliación global. Aqueles alumnos que desexen
realizar a Avaliación Global (100% da nota do exame oficial) deberán comunicalo
ao responsable da materia, por correo electrónico ou a través da plataforma
Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o inicio da impartición da
docencia da materia. 

Os alumnos/as con responsabilidades laborais deberán aprobar o exame correspondente.

É necesario aprobar o exame para superar a materia.

Exames:

- Fin de Carreira: 17 de Septiembre de 2024 as 16 horas

- 1ªEdición: 24 de Marzo de 2025 as 16 horas

- 2ª Edición: 2 de Xullo de 2025 as 16 horas

Convocatoria Fin de Carreira: a avaliación consistirá só dunha proba que valerá o 100% da nota. En caso de non asistir a dito exame, ou de non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo modo que o resto de alumnos/as.

En caso de erro na transcripción das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000