Prácticas de laboratorio |
Plantéxanse as seguintes actuacións:
1. Determinación do fósforo e potasio asimilable.
2. Determinación de formas asimilables de nitróxeno: amonio e nitratos en diferentes solos.
Comparación de solos de cultivo con solos de bosque.
3. Determinación da capacidade adsorbente de P de diversos solos desenvolvidos sobre diferentes
materiais de partida. Construiranse curvas de adsorción e realizarase o axuste a diferentes
ecuacións. Levarase a cabo unha comparación dos resultados obtidos nos diferentes solos
relacionando a adsorción coas características dos solos usados.
4. Determinación da capacidade de intercambio catiónica (CIC). Comparación de diferentes
métodos.
5. Síntese e análise de diferentes fertilizantes en relación aos contidos de N, P, K, Ca e Mg.
6. Efectos a curto prazo da adición de diferentes fertilizantes ó solo sobre o pH e dispoñibilidade de
nutrientes. Determinación da capacidade de neutralización de ácidos de distintos solos. |
Traballo tutelado |
Realizarase un traballo a proposta do profesorado en relación con problemas agrícolas atopados en casos ou estudos reais relacionados coa deficiencia ou exceso de micronutrintes esenciais para as plantas. Exporase o problema e unha posible solución agrícola sustentable para a súa subsanación. |