A modalidade de
evaluación preferente e a Evaluación Continua. Aquel alumno/a que desexe a
Evaluación Global (o 100% da calificación no exame oficial) debe comunicarllo
ao responsable da materia, por email (jsvalero@uvigo.gal) ou a través da
plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes dende o comezo da docencia da
materia. A evaluación das probas
metodolóxicas servirá para establecer a calificación final da materia, en
primeira e segunda convocatoria. A nota final será a nota
do exame máis a suma da avaliación obtida nas diferentes probas (seminario,
prácticas de campo e traballo tutelado). A condición para que a avaliación
destas distintas probas se engada ao conxunto de avaliacións é conquerir, como
mínimo, o 40% da súa nota máxima. O alumno este suxeito a
un comportamento responsable e honesto. Considerarase inadmisible calquera
forma de fraude (é dicir, copia e / ou plaxio) dirixida a falsificar o nivel de
coñecemento ou destreza acadado polos estudantes en calquera tipo de proba,
informe ou traballo deseñado para este propósito. Esta conduta fraudulenta será
sancionada coa firmeza e rigor establecidos pola normativa vixente. Os estudantes con
obrigacións laborais, coincidindo co horario presencial e unha vez
xustificados, terán que asistir a titorías de adaptación do traballo e a
temporalización ás devanditas obrigas. Exámenes - Fin de Carrera: 27 de septembro
de 2024 ás 16:00 horas
- 1ª Edición: 24 de enero de
2025 ás 16:00 horas
- 2ª Edición: 14 de Xullo de
2025 ás 16:00 horas En caso de erro na
transcrición das datas do exame, as válidas serán as aprobadas e publicadas
oficialmente no taboleiro de anuncios e na páxina web do Centro. Convocatoria de Fin de
Grao: a
avaliación consistirá só nun exame que valerá o 100% da nota. Convocatoria de Xullo
(2ª Edición): a avaliación terá os mesmos criterios que os considerados na
convocatoria ordinaria (1ª Edición). O estudante poderá engadir probas do
traballo de seminarios e prácticas que non foron correctas na primeira chamada
explicando a sua realización. |