Contémplanse neste apartado da guía docente distintas posibilidades de
avaliación que se poderán aplicar en cada oportunidade: fin de
bimestre/cuadrimestre, segunda oportunidade-xullo e fin de carreira. CONVOCATORIA FIN DE BIMESTRE/ CUADRIMESTRE E SEGUNDA OPORTUNIDADE-XULLO: A persoa matriculada escollerá se quere ser avaliada de xeito continuo ou
final (explícanse a continuación as diferentes condicións para cada unha delas)
e debe comunicar á persoa coordinadora da materia a cal se acolle. Nos dous
casos, ainda que con distinto peso con respecto á nota final, é obrigatoria a
realización dunha proba final de tipo test ou de desenvolver preguntas. O detalle das formas de avaliación a escoller é o seguinte: a) Avaliación continua: E o tipo de avaliación preferente, puntúase a calidade dos traballos ou probas
realizados pola/o estudante durante o bimestre mediante a avaliación de
diferentes aportacións, incluindo a participación nos seminarios e prácticas e
o test relacionados. Desta maneira, a nota final (NF) da asignatura estará
conformada por: Exame final (EF=40%) + Resolución de problemas (RP=25%) + Seminarios (S=15%) + Prácticas de laboratorio (P=15%) + Asistencia e participación nas diferentes sesións maxistrais (AP=5%). NF(100%) = EF(40%) + RP
(25%) + S(15%) + P(15%) + AP(5%). O exame final será un exame único de preguntas test ou de desenvolver que
poderá incluir preguntas das sesións teóricas, prácticas e seminarios. Neste tipo de avaliación, é condición que se alcance polo menos un 40% da
nota do exame final (EF) para que o resto das probas podan ser contabilizadas
na nota final (NF). Estas puntuacións terán validez ó longo de cada curso
académico e serán sumadas á do exame final, tanto na convocatoria fin de
bimestre como na segunda oportunidade sempre que a persoa matriculada así o
exprese. A calificación dos alumnos acollidos ao sistema de avaliación continua
manterase para a segunda convocatoria por unha soa vez sempre que acaden un
mínimo dun 40% sobre 100 na avaliación inicial. b) Avaliación global: non se teñen en conta as puntuacións obtidas
nas achegas dos seminarios. Neste caso a avaliación será o 100% da calificación
do exame oficial. Para escoller esta opción, debe de ser comunicado previamente
ao coordinador da materia, por email ou a través de Moovi, nun plazo non
superior ao primero mes de docencia. Para aqueles alumnos/as que desenvolvan paralelamente unha actividade
profesional fora do ámbito universitario (debidamente acreditada mediante copia
oficial do contrato de traballo) que lles impida unha presencialidade superior
ao 15% nas sesións maxistrais, nos seminarios e nas prácticas, a avaliación se
fará de acordo á avaliación final (100% de acordo ao exame final). No caso de non comunicar ningunha opción, entenderase que o alumno escolle a
opción de avaliación continua. CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA: A persoa matriculada que opte por examinarse en fin de carreira será
avaliada únicamente co exame (que valerá o 100% da nota). NF=EF. No caso de non
asistir ou de non aprobar dito exame, pasará a ser avaliada ó igual que o resto
dos/as estudantes. Datas de exames: Fin de carreira: 18/09/2024 ás 16:00 h 1ª edición: 22/01/2025 ás 16:00 h 2ª edición: 10/07/2025 ás 16:00 h En caso de erro na
transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e
publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro. O exames serán presencias
salvo que UVigo ordene o contrario. |