A modalidade de avaliación preferente é a avaliación continua. O/a estudante que desexe a avaliación global (o 100% da cualificación no exame oficial) debe comunicalo ao responsable da materia, por email ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o comezo da docencia da materia.
1. Avaliación continua
A nota final dun/ha estudante obterase mediante a suma das puntuacións obtidas en cada parte. Nesta modalidade, un/ha estudante estará aprobado/a cando a súa nota final sexa maior ou igual que 5. A cualificación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen. 2. Avaliación globalO/A estudante que opte por esta modalidade será avaliado unicamente co exame fixado na data oficial, que valerá o 100% da nota. Un/ha estudante estará aprobado cando a nota do seu exame sexa maior ou igual que 5. 3. Datas de avaliación
As datas de avaliación son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina web http://fcou.uvigo.es:
Fin de carreira: 17 de setembro de 2024 ás 16:00h.
1ª Edición: 25 de marzo de 2025 ás 10:00h.
2ª Edición: 2 de xullo de 2025 ás 10:00h
(en caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro).
Compromiso éticoAprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro deanuncios e na páxina web http://fcou.uvigo.es. Espérase que os estudantes presenten un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento ético non adecuado (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o/a alumno/a non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). Lémbrase a prohibición do uso de dispositivos móbiles ou computadores portátiles en exercicios e prácticas dado que o Real Decreto 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario, establece no seu artigo 13.2.d), relativo aos deberes dos estudantes universitarios, o deber de : "Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade". |