A avaliación é continua
(modalidade de avaliación preferente), aínda que o alumnado poderá dispor como
alternativa, de probas de avaliación global. Aqueles alumnos que desexen
realizar a avaliación global (100% da nota no exame oficial) deberán
comunicalo ao responsable da materia, por correo electrónico (tovar@uvigo.gal) ou a través da
plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes dende o inicio da
impartición da docencia da materia.
A realización con éxito das practicas e condición esencial para
superar a materia. As faltas de asistencia as prácticas si están debidamente
xustificadas, compensaránse con outras tarefas.
Convocatoria Fin de Carreira: 18 de Setembro de 2024, ás 10 h.
Convocatoria fin de carreira: o alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado só co exame (100% da nota). No caso de non asistir ao exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado igual que os demais estudantes.
Convocatoria común fin de bimestre: 20 de Xaneiro de 2025, as 16 h. Convocatoria extraordinaria, segunda oportunidade: 3 de Xullo de 2025, as 10 h. No caso de erro nas datas dos exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro. Sistema de avaliación de estudantes con responsabilidades laborais: Será esencialmente igual ó dos restantes alumnos. Terase en conta a situación persoal de cada un, para facilitarlle a avaliación dos seminarios. En canto á avaliación das prácticas, terá que facelas e realizar o correspondente exame-cuestionario que ordinariamente é on-line. Na convocatoria de Xullo o alumno poderá ser avaliado con 100% da nota, sendo necesaria a nota de practicas (aprobado), no caso de que non fixera as practíca, tería que responder a preguntas especificas de practicas, dentro do exame teórico. |