A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación
Continua. O estudante que desexe a Avaliación Global (100% da nota do exame
oficial) deberá comunicalo ao responsable da materia, por correo electrónico ou
a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o inicio da
impartición da materia.
Avaliaranse as seguintes actividades, valoradas ata o que se indica:
Entrega de probas curtas e exercicios: 2,0 puntos
Entrega de traballo dun caso práctico: 2,0 puntos
Prácticas: 2,0 puntos
Exame, teoría: 2,5 puntos
Exame, exercicios: 1,5 puntos
A valoración das actividades manterase para a segunda convocatoria da materia. En todas as modalidades, para superar a materia requírese unha nota mínima de 3 sobre 10 no exame. Convocatoria de fin de grao: o alumno que opte por presentarse ao exame final será avaliado só co exame (que valerá o 100% da nota). Se non asiste a dito exame, ou non o supera, será avaliado do mesmo xeito que o resto do alumnado.
Os exames da materia realizaranse na data e hora indicadas: 24 de marzo de 2025 ás 16.00 horas (1a edición); 8 de xullo de 2025 ás 16:00 horas (2a edición); 23 de setembro de 2024 ás 16:00 (Fin da carreira).