A modalidade de avaliación preferente é
a Avaliación Continua. Aqueles estudantes que desexen realizar a Avaliación Global
(100% da nota do exame oficial) deberán comunicalo ao responsable da materia,
por correo electrónico ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior
a un mes desde o inicio da impartición do curso. Avaliación Continua En primeira
convocatoria, os estudantes deberán alcanzar máis do 35% no conxunto do exame
de preguntas obxectivas e o exame de preguntas de desenvolvemento para que lles
sexa sumada a puntuación do resto de actividades suxeitas a Avaliación Continua
e que se desenvolveran nos seus correspondentes prazos. Para a segunda
edición, os estudantes manterán por defecto as puntuacións obtidas nas
actividades de seminarios e prácticas, pasando a examinarse unicamente
das sesións maxistrais cun exame de preguntas obxectivas e preguntas
de desenvolvemento. Neste exame, os estudante deberán acadar máis dun 35% da
nota total do mesmo para poderlle sumar as puntuacións de seminarios e prácticas. Non obstante, nesta segunda edición os estudantes poden
renunciar as puntuacións acadadas nesas actividades (seminarios e practicas), sendo avaliados unicamente cun exame que constará de
preguntas tipo test e preguntas de desenvolvemento relacionados cos contidos das
sesións maxistrais así coma problemas e preguntas dos contidos de seminarios e
prácticas. Este exame valerá o 100 % da nota e será preciso acadar nel máis dun
50%. Para optar a esta posibilidade en segunda edición, os estudantes que
seguiron a Avaliación Continua deberán renunciar por escrito as cualificacións
obtidas nas actividades de seminarios e prácticas, enviando
para tal efecto un correo electrónico ao responsable da materia dúas semana
antes da data oficial do exame da segunda edición. Avaliación
Global Este sistema de
avaliación será o que seguirán os estudantes que así o manifestaran en tempo e
forma, ademais dos estudantes que pola súa actividade profesional fora do
ámbito académico lles impida unha presencialidade superior ao 10% nas sesións
maxistrais, seminarios e prácticas. Neste último caso, os estudantes deberán acreditar
debidamente a súa situación (copia oficial do contrato de traballo). A Avaliación
global se fará de acordo cun único exame que reparará na consecución das
competencias da materia e que valerá o 100% da nota final sendo necesario
acadar unha cualificación de 5 sobre 10. O exame da modalidade de Avaliación global
consistirá en preguntas tipo test e preguntas de desenvolvemento relacionados
cos contidos de sesións maxistrais, así coma problemas e preguntas dos contidos
de seminarios e prácticas. O tipo de exame descrito
para a Avaliación Global será o que deberán superar os estudantes que se
presenten á convocatoria Fin de Carreira, no que deberán acadar máis dun 50% da
nota total para superar a materia. En caso de non asistir a dito exame, ou de
non aprobalo, pasarán a ser avaliados polo sistema por defecto (Avaliación
Continua) salvo que indiquen o contrario en tempo e forma. Espérase que o estudantado presente un comportamento
ético adecuado. En caso de detectar un comportamento ético non adecuado (copia,
plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados durante prácticas,
exercicios de seminarios ou exames, e outros) considerarase que o/a estudante
non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación
global na convocatoria ordinaria (1ª edición) será de suspenso (0.0). De
persistir ou repetir este comportamento na convocatoria extraordinaria (2º
edición), a valoración será igualmente suspenso (0.0). En todo caso, a
estes efectos, se seguirán os procedementos descritos no “Regulamento sobre a
avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de
aprendizaxe do estudantado” da Universidade de Vigo, aprobado no Claustro o
18/04/2023. Casos
particulares serán revisados de forma especial, a condición de que os
responsable/s da materia consideren que o/a estudante acade as competencias
específicas da materia. Datas de exames: Fin de carreira:
25/09/2024 10 horas 1ª edición: 04/06/2025
ás 10 horas 2ª edición: 14/07/2025
ás 10 horas En caso de error
na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e
publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro. |