É preferible a
modalidade de avaliación continua. Para iso utilizarase a secuencia de
actividades que se realicen. No caso de querer
optar pola modalidade de avaliación global (100% da nota do exame final),
deberá comunicalo ao profesor coordinador a través da plataforma MOOVI ou por
correo electrónico, a máis tardar un mes despois do inicio das clases. O alumnado que non
poida asistir ás clases prácticas e seminarios deberá achegar un documento que
xustifique, debidamente, o motivo polo que non acudirá a estas actividades.
Para estes alumnos o sistema de avaliación será tamén continuo, pero deberán
elaborar unha memoria de actividades, similar ás realizadas en seminarios e
prácticas, segundo indique o profesor coordinador da materia. É requisito
imprescindible acadar polo menos o 40% da nota en cada un dos apartados para
superar a materia. Para a segunda edición conservaranse as cualificacións
parciais obtidas, podendo mellorarse a petición do alumno se non son
presenciais. O exame de Fin de
Grao será un único exame final cun valor do 100% da nota. Exames: Fin de Grao
20/09/2024 ás 16:00 h. 1a edición
22/01/2025 ás 16:00 h. 2a edición
07/07/2025 ás 16:00 h. En todo caso, se
as datas dos exames non coinciden coas publicadas pola Facultade de Ciencias,
prevalecerá o establecido na súa páxina web e no taboleiro de anuncios. |