Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Ecoloxía
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1. Ecoloxía: definición e aproximacións Definición de Ecoloxía, obxeto de estudio e encuadre nas Ciencias Ambientais.
Breve historia da Ecoloxía: nacemento e desenrolo como Ciencia.
Tema 2. Os organismos e o medio O medio físico terrestre e acuático: temperatura, luz, auga e nutrintes como recursos e condicions. Factores ecolóxicos. Clasificación e factores limitantes. Biomas terrestres e acuáticos.
Tema 3. Concepto de poboación e descritores Concepto de poboación. Parámetros poboacionais: distribución xeográfica, abundancia, densidade, distribución espacial, dispersión. Cuantificación de parámetros poboacionais. estratexias de vida.
Tema 4. Poboación: estructura e distribución espacial. Modelos de crecemento exponencial. Factores que limitan o crecemento da poboación. Modelo de crecemento loxístico. estocasticidade. Crecemento da poboación en función da estrutura de idade. Curvas de supervivencia e táboas de vida.
Tema 5. Competencia interespecífica Tipos e características xerais das interaccións tróficas. Definición, evidencia experimental e tipos de competencia interespecífica. Concepto de nicho ecolóxico e principio de exclusión competitiva. Convivencia e heteroxeneidade ambiental. Modelo de competición Lotka-Volterra.
Tema 6. Depredación e consumo de alimentos Definición e tipo de depredadores. Factores que determinan as preferencias dietéticas. Consideracións enerxéticas: teoría do aprovisionamento óptimo, dieta óptima e teorema do valor marxinal. Tipos de respostas funcionais e evidencias experimentais. Respostas numéricas e de desenvolvemento. Modelo de depredación de Lotka e Volterra.
Tema 7. Estrutura da comunidade Distribución especies-abundancia. Factores que controlan a diversidade: recursos, diversidade de hábitats, especies clave e nivel de perturbación. Estrutura trófica. Efectos directos e indirectos: fervenzas tróficas. Control ascendente e descendente. Relación entre diversidade e estabilidade.
Tema 8. Perturbación e sucesión Concepto e tipos de observacións. Exemplos de sucesión en ecosistemas terrestres e acuáticos. Mecanismos sucesorios: facilitación, tolerancia e inhibición Sucesión, diversidade e perturbación
Tema 9. Aporte de enerxía ao ecosistema: produción primaria Produción primaria bruta e neta: concepto, métodos de determinación e magnitude. Factores que controlan a produción primaria. Variabilidade temporal e espacial da produción primaria. Relacións estequiométricas da materia orgánica.
Tema 10. Produción secundaria e remineralización de materia Definición de produción secundaria: vía herbívora e vía detritívora. Factores secundarios de control da produción. Balance enerxético da produción secundaria: eficiencias. Eficiencia, estrutura trófica e transferencia. Descomposición e remineralización da materia orgánica nos ecosistemas terrestres e acuáticos. Fluxo de enerxía nos ecosistemas terrestres e acuáticos
Tema 11. Ciclos bioxeoquímicos e cambio global. Compartimentos, balance de masa e tempo de residencia. Ciclo global do carbono. ciclo global do nitróxeno. Ciclo do fósforo.
Tema 12. Sistemas socio-ecolóxicos Servizos dos ecosistemas: oferta e demanda. Resiliencia, complexidade e eficiencia. Efectos non lineais e histérese. Xestión de sistemas adaptativos complexos. Principios para a promoción da resiliencia nos sistemas socioecolóxicos. Ecosistemas urbanos
Seminario 1. Diversidade biolóxica. Explicación do concepto de diversidade biolóxica no contexto da Ecoloxía e as Ciencias Ambientais, e cálculo de diferentes indices de diversidade α, β e γ.
Seminario 2. Selección e organización dos diferentes traballos en grupo sobre diversos temas ecolóxicos Organizaranse en grupos para realizar traballos sobre diversas temáticas de ecoloxía
Seminario 3. Directivas europeas. Directiva Marco da auga e Directiva Hábitats. Neste seminario traballarase con directivas europeas que están en vigor na actualidade para que podan comprender as suas implicacións ecolóxicas nos diferentes paises europeos.
Seminario 4. Traballos en grupo
e realización de diferentes actividades
Seminario para dúbidas e avances cos traballos en grupo
Seminarios 5. Produción primaria bruta, neta e respiración Seminario práctico onde aprenderán a calcular as producións primarias brutas, netas e respiración de diferentes ecosistemas.
Seminario 6. Manexo de bases de datos (NOAA) sobre monitorización atmosférica de gases efecto invernadoiro e a súa relación co cambio climático. Seminario práctico sobre manexo e exploración de bases de datos atmosféricas
Seminario 7. Exposicións orais dos diferentes traballos en grupo. Exposicións orais
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000