Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B1 |
Que os estudantes sexan capaces de desenvolver habilidades de análises, sínteses e xestión da información no sector agroalimentario e do medio ambiente. |
B2 |
Que os estudantes sexan capaces de adquirir e aplicar habilidades e destrezas de traballo en equipo. |
C3 |
Coñecer e comprender as dimensións temporais e espaciais dos procesos ambientais. |
C5 |
Capacidade para a interpretación cualitativa e cuantitativa dos datos. |
C6 |
Coñecer e comprender os distintos aspectos da planificación, xestión, valoración e conservación de recursos naturais. |
C7 |
Coñecer e comprender os distintos aspectos da análise de explotación dos recursos ambientais nun contexto de desenvolvemento sostible. |
C20 |
Coñecer e comprender os fundamentos que permitan a identificación e a valoración de costes ambientais. |
C21 |
Coñecer e comprender os fundamentos implicados no deseño e execución de planes de desenvolvemento rural. |
D1 |
Capacidade de análise, organización e planificación. |
D4 |
Capacidade de aprendizaxe autónoma e xestión da información. |
D5 |
Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións |
D9 |
Traballo en equipo de carácter interdisciplinar |
D11 |
Motivación pola calidade con sensibilidade polos temas medioambientais |