Exame de preguntas obxectivas |
Probas que avalían o coñecemento que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades.
Avaliación de contidos do 3º bimestre.
Resultados de aprendizaxe avaliados: R1. |
35 |
|
B1 B4 B6
|
C9
|
D1 D4 D5
|
SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA
EXAME TEORICO DE INFORMÁTICA Descrición: exame tipo test dos contidos do 3º bimestre Metodoloxía aplicada: exame de preguntas obxectivas % Cualificación: 35% % Mínimo: deberá obterse unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: B1, B4, B6, C9, D1, D4, D5 Resultados previstos na materia avaliados: R1
PROBA DE FOLLA DE CÁLCULO
Descrición:: proba na que empregando ordenador deben solucionarse unha serie de exercicios de folla de cálculo Metodoloxía aplicada: práctica de laboratorio % Cualificación: 15% % Mínimo: deberá obterse unha cualificación igual o superior a 5 puntos sobre 10. Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: B1, B4, C9, D1, D4, D5, D9 Resultados previstos na materia avaliados: R1
EXAME TEÓRICO DE PROGRAMACIÓN
Descrición: exame escrito onde o alumno debe resolver unha serie de exercicios de programación Metodoloxía aplicada: resolución de problemas e/ou exercicios % Cualificación: 35% % Mínimo: deberá obterse unha cualificación igual o superior a 5 puntos sobre 10. Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: B1, B4, C9, D1, D4, D5 Resultados previstos na materia avaliados: R1
PROBA PRÁCTICA DE PROGRAMACIÓN Descrición: proba na que empregando ordenador deben resolverse unha serie de problemas de programación Metodoloxía aplicada: práctica de laboratorio % Cualificación: 15% % Mínimo: deberá obterse unha cualificación igual o superior a 5 puntos sobre 10. Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: B1, B4, C9, D1, D4, D5, D9 Resultados previstos na materia avaliados: R1
----------------------------------------------------------------------------
- O alumnado deberá subir obrigatoriamente unha foto tipo carné ao perfil da plataforma Moovi nas 2 primeiras semanas do curso.
- Todos os estudantes que se presenten a calquera das probas enténdese que se acollen ao procedemento de avaliación continua descrito anteriormente.
- Se un/ha estudante non se presenta a algunha das probas asignaráselle unha cualificación de 0 nela.
- Se un/ha estudante abandona a avaliación continua para asistentes tendo sido xa avaliado/a dalgún contido da materia, considerarase que ten suspensa a convocatoria, e non poderá optar na mesma polo sistema de avaliación global.
SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL
Procedemento para a elección da modalidade de avaliación global: unha vez superado o prazo dun mes dende o comezo do cuadrimestre, habilitarase un prazo de 10 días hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, formalmente, a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación global.
EXAME 3º BIMESTRE Descrición: exame tipo test dos contidos do 3º bimestre incluíndo folla de cálculo Metodoloxía aplicada: exame de preguntas obxectivas % Cualificación: 50% % Mínimo: deberá obterse unha cualificación igual o superior a 5 puntos sobre 10. Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: B1, B4, B6, C9, D1, D4, D5 Resultados previstos en la materia avaliados: R1
EXAME 4º BIMESTRE
Descrición: exame escrito onde o alumno debe resolver unha serie de exercicios de programación Metodoloxía aplicada: resolución de problemas e/ou exercicios % Cualificación: 50% % Mínimo: deberá obterse unha cualificación igual o superior a 5 puntos sobre 10. Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: B1, B4, C9, D1, D4, D5 Resultados previstos en la materia avaliados: R1
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E FIN DE CARREIRA
Empregarase o sistema de avaliación global exposto anteriormente.
PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS
Independentemente da convocatoria, para superar a materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10 en todas e cada unha das partes que interveñen na avaliación. En caso de que non se dea esta situación, a cualificación final máxima será 4 (SUSPENSO).
DATAS DE AVALIACIÓN - 1ª Edición: 04/06/2025 as 10:00 horas
- 2ª Edición: 11/07/2025 as 10:00 horas
- Fin de Carreira: 26/09/2024 as 10:00 horas
Todas as datas de exame que figuran no sistema de avaliación son as aprobadas pola Xunta de Facultade. En caso de erro ao transcribilas, a válida é a aprobada oficialmente e publicada no calendario de exames da Facultade de Ciencias.
EMPLEGO DE DISPOSITIVOS MÓBILES
Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles en exercicios, prácticas e probas, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario, relativo aos deberes do estudantado universitario, que establece o deber de "Abstenerse de la utilización o la cooperación en procedimientos fraudulentos en las pruebas de evaluación, en los trabajos que se realicen o en documentos oficiales de la universidad".
FRAUDE ACADÉMICO
Lémbrase a todo o alumnado que no primeiro apartado do artigo 42 do "REGULAMENTO SOBRE A AVALIACIÓN, A CUALIFICACIÓN E A CALIDADE DA DOCENCIA E DO PROCESO DE APRENDIZAXE DO ESTUDANTADO (Aprobado no claustro do 18 de abril de 2023)" indica que: "1. A actuación fraudulenta en calquera proba de avaliación implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da oportunidade de avaliación da convocatoria correspondente, iso con independencia do valor que sobre a cualificación global desta tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse."
CONSULTA/SOLICITUDE DE TITORÍAS
|