Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Ampliación de bromatoloxía
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Ampliación de bromatoloxía Código O01G041V01601
Titulación
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Química analítica e alimentaria
Coordinador/a
González Barreiro, Carmen
Correo-e cargb@uvigo.es
Profesorado
González Barreiro, Carmen
Martínez Carballo, Elena
Web
Descrición xeral A titulación en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos pretende, entre outros, pór a disposición da industria agroalimentaria técnicos cualificados para a dirección tanto dos departamentos de produción, como os de control de calidade. Por tanto, a materia de Ampliación de Bromatoloxía é especialmente relevante para capacitar aos estudantes nesta segunda vertente.
Coa materia Ampliación de Bromatoloxía abarcaranse:
1. Os fundamentos teóricos e prácticos necesarios para planificar, aplicar e xestionar a metodoloxía de análise máis adecuada para levar a cabo o control e a avaliación da calidade dos distintos grupos de alimentos.
2. Os aspectos máis importantes do control e avaliación da calidade dos distintos grupos de alimentos segundo a súa orixe.

O obxectivo que se persegue con esta materia é introducir ao alumno nos aspectos analíticos máis importantes que lle permitan abordar e resolver os problemas máis frecuentes do campo alimentario. Desta forma desenvólvese o sentido crítico que permita seleccionar, ante un problema determinado, o procedemento a empregar e as técnicas instrumentais adecuadas que aseguren a calidade esperada nos resultados analíticos. Dáse a coñecer a metodoloxía máis actualizada, tanto no referente á análise de rutina, como para a determinación de analitos que esixen límites de detección moi baixos. E todo iso apoiado con sesións de laboratorio, as cales deben servir ao alumno para ter unha visión máis completa da materia, extraer conclusións sobre os datos obtidos, adquirir destrezas e redactar informes.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000