As datas oficiais dos exames do curso académico 2024/2025 serán: Fin de Carreira: 16 de setembro de 2024, ás 10:00 h 1ª convocatoria: 5 de novembro de 2024, ás 10:00 h 2ª convocatoria: 1 de xullo de 2025, ás 10:00 h
En caso de erro na transcrición nas datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de
anuncios e na web do centro.
O estudantado terá dereito a elixir o tipo de sistema co que será avaliado dentro de cada materia: avaliación continua ou avaliación global. A avaliación será preferentemente continua. Aquel alumno que desexe acollerse á avaliación global deberá comunicarllo ó coordinador da materia, por correo electrónico ou a través da plataforma Moovi, nun plazo inferior a un mes dende a data de comenzo da docencia da materia.
Os alumnos que se acollan á avaliación global serán calificado tendo en conta únicamente a nota do exame teórico (75 %) e a nota do examen de prácticas de laboratorio (25 %).
Convocatoria Fin de Carreira: o alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente co exame (que
valerá o 100 % da nota). En caso de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito
que o resto de alumnos.
Segunda convocatoria (Xullo): o alumno poderá elexir previamente antes desta convocatoria se quere manter a avaliación
continua (promediando á nota do exame coas notas acadadas durante o bimestre) ou ser avaliado mediante a avaliación global. Se o alumno non manifesta a súa postura antes da data oficial do examen, entenderase que opta pola avalición continua.
Compromiso ético: O alumno debe presentar un comportamento ético adecuado. En caso dun comportamento non ético
(copia de seminarios, plaxio de traballos, e uso de equipos electrónicos non autorizados durante as probas de avaliación),
que impidan o desenvolvemento correcto das actividades docentes, considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia, e neste caso a súa cualificación no curso académico actual será de suspenso (0,0). |