Nesta materia abórdanse de forma práctica os conceptos de deseño de equipos electrónicos para aplicacións de telecomunicación, estruturados en dous piares fundamentais: o cumprimento das normativas e análise de compatibilidade electromagnética (EMC), e a análise de fiabilidade do deseño. A aprendizaxe desenvólvese de xeito práctico mediante a simulación en LTSpice, o deseño e fabricación de placas de circuíto impreso (PCB) con KiCAD, e os ensaios experimentais no laboratorio.
Os estudantes ao longo da materia deseñarán un filtro de EMC para unha aplicación determinada, realizarán a correspondente PCB e validarán o cumprimento da normativa de EMC mediante os correspondentes ensaios. Ademais, os estudantes realizarán unha análise de fiabilidade do circuíto fabricado.
Materia do programa English Friendly. Os/as estudantes internacionais poderán solicitarlle ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.