Esta materia proporciona unha visión completa sobre a creación e xestión de contornos multiusuario, así como a súa integración con tecnoloxías móbiles avanzadas. Focalízase especialmente no uso de librarías específicas para o desenvolvemento de experiencias de Realidade Estendida (XR) en rede e para dispositivos móbiles, a través la plataforma Unity. Ademais, trátanse aspectos fundamentais como a análise do rendemento, as comunicacións de baixa latencia e o aproveitamento de tecnoloxías emerxentes, como o edge computing, para optimizar o funcionamento das aplicacións XR en contornos móbiles.
A documentación da materia estará en inglés.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.