Guia docente 2024_25
Facultade de Historia

Presentación

A Facultade de Historia da Universidade de Vigo, sita no Campus Universitario de Ourense, oferta tres titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES): un Grao e dous Posgraos. 

Xunto á habitual modalidade presencial, poderase optar pola modalidade semipresencial, sempre que se xustifique a imposibilidade de asistir con regularidade ás aulas; os motivos deben estar en relación con obrigas de carácter laboral, familiar, atención a persoas dependentes, actividades deportivas de alto nivel, necesidades educativas especiais. O proceso para acollerse a esta modalidade terá lugar unha vez formalizada a matricula; estudante debe cubrir un impreso coa solicitude e entregar a documentación xustificativa.

Os docentes poñerán a disposición destes estudantes o material preciso a través da plataforma de teledocencia e os medios para superar as materias do grado, en igualdade de condicións que os presenciais. 

A oferta de Posgrao contempla dúas titulacións:

  • Mestrado Interuniversitario de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (USC y U Vigo) coa participación do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC. O seu programa ten unha doble orientación: profesionalizante e investigadora. Na súa primeira vertente, aspira a formar arqueólogos que poidan desenvolver a sua labr profesional neste campo nos próximos anos; na segunda, da paso ao programa de doutoramento da USC “Historia, Xeografía e Arte”. 

Neste documento:

  • Localización
  • Normativa e Lexislación
  • Servizos e Infraestruturas do Centro
  • Outra Información do Centro
  • Calendario Académico
  • Información de Interese
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000