Guia docente 2024_25
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Novos servizos telemáticos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo Consistirá na presentación de dúas prácticas-proxectos usando os conceptos presentados na materia.
Terá lugar durante o desenvolvemento do curso. A nota de cada traballo será única para todos os membros do grupo.
35 B4
B9
C89
D4
Traballo Consistirá na presentación dun proxecto que leve a cabo unha solución de base telemática.
A entrega terá lugar ao final do curso. A nota de cada traballo será única para todos os membros do grupo.
25 B4
B9
C89
D4
Exame de preguntas de desenvolvemento Versará sobre a totalidade dos contidos.

Terá lugar a finais do curso
40 B4
B9
C89
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia pode aprobarse seguindo a modalidade de avaliación continua ou avaliación global.

Os alumnos que se presenten a algunha das probas de avaliación continua non poden ser avaliados como "Non presentado" e non poderán optar pola modalidade de avaliación global.

Avaliación continua

O peso e contido de cada unha das probas de avaliación continua son as seguintes:  

  1.- Traballo 1 (35%): Consistirá na presentación de 2 prácticas-proxecto  (especificado durante curso e baixo a forma de prácticas proxecto). Levarase a cabo nas sesións do laboratorio.

  2.- Traballo 2 (25%): Consistirá nunha presentación dun proxecto completo, no que se fará uso de modelos baseados en servizos telemáticos. Levarase a cabo na última sesión de laboratorio.

  3.- Exame de preguntas de desenvolvemento (40%): Abarcará todos os contidos do curso.

Os traballos 1 e 2 terán unha única nota para todos os membros do grupo. É obrigatorio obter en cada parte da avaliación continua un mínimo do 50% da valoración nos traballos 1 e 2. No examen de preguntas será preciso sacar un 40% da puntuación máxima. No caso de superar cinco puntos na cualificación global pero non acade algún dos mínimos establecidos, será cualificado na acta con 4.9.

  Avaliación global

    Consistirá nunha proba escrita na que todo o contido do curso poderá ser incluído. O alumno poderá alcanzar a nota de 10 con esta opción. Adicionalmente á proba escrita, os alumnos que se presenten a este exame final deberán  levar a cabo un proxecto análogo ao Traballo 2. Estes traballos deberán ser orixinais. 

 Oportunidade extraordinaria e Convocatoria fin de carrera

    Seguirán as mesmas consideracións que a avaliación global.

En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos

    

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000