A materia é unha introdución á tradución directa e inversa de textos de temática económica e comercial, a través do estudo teórico e o traballo práctico directo e inverso con diferentes tipos de discursos. Enténdese que o alumnado está familiarizado cos principios metodolóxicos básicos da tradución e que posúe un coñecemento excelente das linguas de traballo.