A materia constitúe o primeiro contacto do alumnado coa interpretación simultánea e ten por obxectivo impartir un coñecemento e manexo das técnicas básicas necesarias para a interpretación simultánea, apoiándose nos elementos teóricos necesarios para reforzar a práctica das mesmas. Ao nivel práctica, a materia pretende preparar o alumnado para realizar interpretacións simultáneas partindo de exercicios en torno ás técnicas da tradución á vista B-A aplicadas á interpretación simultánea, incluídos exercicios de tradución á vista cronometrados e cloze. A orientación da materia é esencialmente práctica, deseñada para proporcionar un coñecemento das técnicas básicas requiridos para realizar unha interpretación simultánea e para detectar potenciais especialistas na interpretación simultánea.