Na materia examínase, desde un punto de vista fiscal, teórico e práctico, o sistema impositivo vixente relacionado coa empresa.
Analizaremos cales son os distintos feitos impoñibles que obrigan á sociedade ou persoa xurídica, ou ao autónomo, como persoa física, a ter que pagar un tributo. Identificaremos os mesmos así como a forma, prazo e procedemento que temos para declaralos. De igual maneira estudaremos os procedementos administrativos de inspección, xestión e recadación que a Facenda Pública ten para esixir o cumprimento das nosas obrigacións fiscais; así como os dereitos que o administrado ten para defenderse.
Todo iso, axudaranos a medir e valorar o custo impositivo das decisións que se adopten, e a carga administrativa que xera. Así mesmo permitiranos, a feixes, analizar e desenvolver as técnicas de planificación fiscal en relación, especialmente, coa nosa tesouraría ou caixa.