AVALIACIÓN GLOBAL: Para o alumnado que solicite oficialmente a Avaliación Global, realizarase
un exame teórico-práctico cuxa avaliación será do 100% na nota final, na data
oficial do exame dese curso académico. Para aprobar a materia, o alumnado
deberá obter unha nota mínima de 5 sobre 10 no exame teórico-práctico (Aprobar
de cada parte do exame por separado, Preguntas Test e Preguntas Curtas). “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas de
avaliación, suporá unha cualificación de 0 (suspenso). No caso de detectar
comportamentos fraudulentos durante unha proba presencial, o alumno, logo de
ser identificado polo profesorado, deberá abandonar inmediatamente a proba. O
profesorado deberá presentar un informe da incidencia ao órgano de dirección do
centro. Consideracións xerais da avaliación: 1. A asistencia aos seminarios é OBRIGATORIA, en caso de ausencia por
causa de forza maior, estará debidamente xustificada. A non asistencia aos
seminarios dará lugar á perda da nota xerada polos mesmos. 2. Para aprobar a materia será necesario superar o exame teórico para
poder sumar a nota correspondente aos seminarios. 3. Valorarase a actitude do alumno, as achegas de interese, a
participación, o traballo en equipo, o comportamento e o respecto cara ao
profesor e aos demais compañeiros, así como o cumprimento dos horarios. 4. Cando o alumno non se presente á proba escrita final, considerarase
non presentado. 5. Na proba de segunda oportunidade (exames de xullo) manterase a
cualificación obtida nos seminarios. 6. Xustificación das faltas: para que unha falta se considere
xustificada, deberá presentarse ao profesorado responsable da materia (no prazo
máximo dunha semana desde o día da ausencia) documento que acredite debidamente
a causa da falta. Cando a ausencia se deba a unha actividade programada (por
exemplo, unha cita médica) o alumno deberá avisar á profesora responsable coa
suficiente antelación para intentar suplir a ausencia mediante unha sesión
alternativa (por exemplo, con outro grupo de seminario). 7. A información relativa á data, hora e lugar do exame pódese consultar
na dirección web da Escola de Enfermaría do Meixoeiro. A avaliación de xullo estará baseada nas seguintes porcentaxes: Exame:
40% Preguntas tipo TEST, 40% Preguntas curtas. Seminarios: 20% |