AVALIACIÓN GLOBAL: Para o alumnado que solicite oficialmente a Avaliación Global, realizaraseun exame teórico-práctico cuxa avaliación será do 100% na nota final, na dataoficial do exame dese curso académico. Para aprobar a materia, o alumnadodeberá obter unha nota mínima de 5 sobre 10 no exame teórico-práctico (Aprobarde cada parte do exame por separado, Preguntas Test e Preguntas Curtas). Se o alumnado decide elixir a modalidade de AVALIACIÓN GLOBAL deberá solicitalo explicitamente ao coordinador-a da asignatura, a través do formulario pertinente no prazo indicado. “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas deavaliación, suporá unha cualificación de 0 (suspenso). No caso de detectarcomportamentos fraudulentos durante unha proba presencial, o alumno, logo deser identificado polo profesorado, deberá abandonar inmediatamente a proba. Oprofesorado deberá presentar un informe da incidencia ao órgano de dirección docentro. Consideracións xerais da avaliación: 1. A asistencia aos seminarios é OBRIGATORIA, en caso de ausencia porcausa de forza maior, estará debidamente xustificada. A non asistencia aosseminarios dará lugar á perda da nota xerada polos mesmos. 2. Para aprobar a materia será necesario superar o exame teórico parapoder sumar a nota correspondente aos seminarios. 3. Valorarase a actitude do alumno, as achegas de interese, aparticipación, o traballo en equipo, o comportamento e o respecto cara aoprofesor e aos demais compañeiros, así como o cumprimento dos horarios. 4. Cando o alumno non se presente á proba escrita final, considerarasenon presentado. 5. Na proba de segunda oportunidade (exames de xullo) manterase acualificación obtida nos seminarios. 6. Xustificación das faltas: para que unha falta se considerexustificada, deberá presentarse ao profesorado responsable da materia (no prazomáximo dunha semana desde o día da ausencia) documento que acredite debidamentea causa da falta. Cando a ausencia se deba a unha actividade programada (porexemplo, unha cita médica) o alumno deberá avisar á profesora responsable coasuficiente antelación para intentar suplir a ausencia mediante unha sesiónalternativa (por exemplo, con outro grupo de seminario). 7. A información relativa á data, hora e lugar do exame pódese consultarna dirección web da Escola de Enfermaría do Meixoeiro. A avaliación de xullo estará baseada nas seguintes porcentaxes: Exame:40% Preguntas tipo TEST, 40% Preguntas curtas. Seminarios: 20%. Perseguirase o plaxio nos traballos e o uso inxustificado de programas de intelixencia artificial. |