Avaliación: PRIMEIRA CONVOCATORIA Considerarase que un/unha estudante cursa a materia en
réxime de avaliación continua, sempre e cando non renuncie
oficialmente á avaliación continua, é decir, sempre que non solicite a
"renuncia á avaliación continua", nos prazos fixados pola dirección
da E.E.I. a tal fin. Un/unha alumno/a que "non renuncie
oficialmente á avaliación continua", estará suspenso/a se non
acada unha NOTA MÍNIMA de 4,0 ptos (sobre 10) en cada unha das probas
de avaliación recollidas nesta guia, é dicir, tanto no "Exame de
preguntas obxectivas", como na "Resolución de problemas e/ou
exercicios", no "Estudo de casos" e no "Informe de
prácticas". De supera-la nota mínima, dito/a alumno/a aprobará a
materia se a súa CALIFICACIÓN FINAL é ≥ 5,0, é dicir, se a suma
das calificacións obtidas no "Informe de prácticas", no "Estudo
de casos", na "Resolución de problemas e/ou exercicios" e no
"Exame de preguntas obxectivas" é ≥ 5,0. Ademais, se un alumno/a falta a mais de 1
"práctica de laboratorio", sen causa xustificada, para aproba-la
materia terá que facer un exame das prácticas que non fixo. Un/unha alumno/a que "renuncie oficialmente
á avaliación continua", fará un "Proba de Avaliación
global" (Exame de preguntas obxectivas + Resolución de problemas e/ou
exercicios) que valerá o 90% da nota final, e un "Exame de prácticas"
que valerá o 10% da nota final. En calquera caso, para aproba-la materia, o/a
alumno/a debe acadar o 50% da nota máxima en cada unha das partes que
constitúen a materia, é dicir, teoría, problemas e prácticas. SEGUNDA COVOCATORIA: Na segunda convocatoria aplicaranse os mesmos
criterios. En relación co exame de Xullo, manterase a
cualificación do "Estudo de casos" e do "Informe de
prácticas", sempre que na 1ª convocatoria o/a estudante acadase a nota
mínima esixida. En canto o "Exame de preguntas obxectivas" e
a "Resolución de problemas e/ou exercicios", no caso en que na 1ª
convocatoria, un/unha alumno/a suspendese unha das duas probas e aprobase a
outra cunha nota ≥ 6, en Xullo soamente terá que repeti-la proba suspensa.
Compromiso ético:
Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento "non ético" (copia, plaxio, emprego de dispositivos electrónicos non autorizados, etc.) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para supera-la materia. Nese caso a cualificación global no presente curso académico será de SUSPENSO (0,0 puntos).
Non se permitirá o emprego de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, agás autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado no aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico, e a cualificación global será de SUSPENSO (0,0 ptos). |